Obradoiro pra escribir como Rosalía dende Teo e roteiro e gala en Ames
Os teenses maiores de 15 anos aprenderán o arte da narrativa e da lírica
Os locais hostaleiros amesáns van servir o popular Caldo de gloria o 21

Unha anterior andaina celebrada en Ames polo Mar de Ovellas / Concello
O Mes de Rosalía de Castro continúa a xerar actividades no 189 aniversario do seu nacemento. Así, en Ames organizan un roteiro polos seus lugares claves, ademais dunha gala e ruta no Mar de Ovellas, mentres que Teo elixiu un obradoiro literario para maiores de 15.
Comezando polo obradoiro teense, estará a cargo do escritor Francisco Castro, o día 21 ás 17.00 na Casa Común de Oza. Será de balde, e os interesados xa se poden anotar vía web (en www.teo.gal/actividades).
Na capital maiá
No que atinxe a Ames, o programa comeza con Viaxando con Rosalía, un tour literario á Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón este sábado 21, ás 09.30 horas (anotación a través do email normalizacion@concellodeames.gal) con María López Sández. Ese día os locais de hostalería de XEA que participan no Mercado da Horta servirán Caldo de gloria (receita que tamén servirán nos comedores escolares o día 24).
O luns 23 de febreiro, aniversario da escritora, celebrarase a Gala-Homenaxe a Rosalía de Castro ás 18.30 horas na casa da cultura de Bertamiráns. Haberá obradoiro de cadernos nas bibliotecas o 27 e o 28 e andaina teatralizada con Os Quinquilláns no Mar de Ovellas, ruta pendente de data polo tempo. n
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades