Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Reclamación colectiva polas "avarías continuas" nas telecomunicacións en Muxía

A iniciativa do PSOE inclúe asesoramento a todos os afectados

Concelleiros do PSOE de Muxía.

Concelleiros do PSOE de Muxía. / Cedida

Muxía

O PSOE de Muxía presentará unha reclamación colectiva contra as compañías de telecomunicacions Movistar, R e Comenersol "porque non están prestando os servizos contratados por supostas avarías, que nalguns casos duran semanas, o cal é inadmisible".

Os socialistas ofrecerán asesoramento para tramitar as reclamacions dos afectados. “Todos os membros do grupo municipal, poñémonos a súa disposición para axudarlles nas súas demandas e asesoralos no procedemento de solución e reclamación do servizo".

Elaborarán, engaden, "unha acción coordinada que repercuta positivamente no restablecemento total dos servizos que agora non se están prestando coa calidade requerida" afirma o portavoz Iago Toba.

Tracking Pixel Contents