PLENO
Coristanco reforza os servizos sociais e conxela os impostos
O orzamento supera os 9,7 M€, un 10% máis que en 2025

Casa consistorial de Coristanco. / Cedida
O Concello de Coristanco aprobará o xoves o orzamento municipal para 2026, que ascende a 9.709.252,79 euros, o que supón un incremento do 10,44% con respecto ao de 2025.
O alcalde, Juan Carlos García, asegura que a proposta «reflicte o compromiso do goberno local de non incrementar impostos e conxelar as taxas e os prezos públicos».
Ademais, salientou que «os capítulos destinados á prestación de servizos e aos investimentos reais concentran o 79 % do total, evidenciando a prioridade de reforzar a atención á veciñanza e de continuar mellorando as infraestruturas».
Cen usuarios do SAF
Destaca especialmente o reforzo dos servizos sociais, que alcanzan os 900.000 euros, un 31,57% máis, co obxectivo de atender ás máis de 100 persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Ao mesmo tempo, consolídanse os recursos da área de Cultura para afianzar programas como Xermolar, que inclúe madrugadores, aula lúdica e campamentos, así como actividades dirixidas ás persoas maiores.
O orzamento continúa, segundo destaca o alcalde, coa tendencia de regularización dos contratos de prestación de servizos, como o SAF, a recadación, ou a subministración eléctrica, consignando os recursos necesarios para os novos contratos de xestión do saneamento, a recollida de voluminosos porta a porta e a xestión do bombeo de alta en abastecemento.
Ademais, contémplase a eliminación das últimas cento cincuenta luminarias ineficientes enerxeticamente, o que permitirá que o 100% do alumeado público municipal funcione con tecnoloxía LED.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años