SEGURIDADE
O PP esixe "unha resposta contundente" contra o narcotráfico na Costa da Morte
Paula Mouzo di que trasladar a Cee a base de Muros é "espir un santo para vestir outro"

Narcosubmarino localizado na ría de Camariñas en xaneiro de 2025. / Guardia Civil
A deputada do PP, Paula Mouzo, urxe ao Goberno central "unha resposta contundente" na loita contra o narcotráfico na Costa da Morte, ante a continuada "falta de medios materiais e efectivos que redundan nun incremento da inseguridade".
Asegura que, de confirmarse o traslado a Cee da base do Servizo de Vixilancia Aduaneira de Muros, "suporá un novo agravio do Goberno con Galicia". Estaríase, engadiu, "a espir un santo, para vestir outro, mantendo a situación de desprotección dunha ampla área do litoral".
Acordo no Parlamento
Considera ademais que iso supón "un incumprimento do acordo unánime acadado no Parlamento de Galicia, que demandaba a creación dunha nova base marítima permanente na Costa da Morte, e non o traslado doutra que, desde hai tempo, xa funciona en precario".

Paula Mouzo, deputada autonómica e portavoz do PP en Camariñas. / Cedida
Por iso, Paula Mouzo pide ao Goberno que dea "explicacións de inmediato dos plans que ten para esta zona en materia de seguridade e vixilancia costeira".
Os populares entenden que "non hai un verdadeiro compromiso do Goberno por reforzar a Costa da Morte con máis medios materiais e tecnolóxicos para combater o incremento das actividades ilícitas".
Embarcacións máis potentes
Paula Mouzo fixo fincapé tamén na necesidade de que se modernicen e reforcen os medios persoais e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira, tal e como demandan os sindicatos, dotándoo de embarcacións máis potentes, equipadas coa tecnoloxía necesaria para interceptar narcolanchas e garantir así a eficacia das operacións de vixilancia no litoral galego.
"Non facelo implica unha preocupante desprotección do litoral galego pola insuficiente dotación, tanto de medios materiais como humanos, cos que se está a operar", dixo.
Garda Civil
Asemade, recordou que, a situación de desprotección non só afecta á zona marítima, "tamén no interior está a Garda Civil en precario, xa que unha soa patrulla atende unha ampla zona de vixilancia operativa nas comarcas de Fisterra e Soneira".
Esta situación, engadiu, "incrementa a sensación de inseguridade da veciñanza e reduce a capacidade operativa, obrigando a desprazarse a puntos moi distantes e aumentando o tempo de resposta ante calquera emerxencia".
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores