CULTURA
Espectáculo e Caldo de Gloria en Dodro na honra de Rosalía
A actuación musical terá lugar no Pazo de Lestrobe a partir das 19.00 horas desta tarde

O Pazo de Lestrobe reabre as súas portas para celebrar o aniversario da célebre poeta. / Cedida
Redacción
O Concello de Dodro prepárase para conmemorar esta tarde o Día de Rosalía de Castro, unha xornada de honra dirixida a unha das figuras artísticas máis emblemáticas de Galicia e que convida á veciñanza a gozar dun espectáculo musical e da posterior degustación do Caldo de Gloria, cuxa receita está inspirada nunha das obras máis recoñecidas da célebre poeta.
A actuación que arrancará a celebración do aniversario da escritora será Rosalía POP. Rosalía e a Poesía Oral Popular. Unha proposta enmarcada na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña que terá lugar no Pazo de Lestrobe, espazo que reabre para celebrar esta xornada tan especial no calendario dodrense, a partir das 19.00 horas desta tarde.
Os Quinquilláns
Os encargados da posta en escena son os artistas Tero Rodríguez e Lucho Penabade, da compañía teatral Os Quinquilláns, que interpretarán a Rosalía de Castro e o seu editor, Soto e Freire, respectivamente, nun contexto de actualidade para coñecer que quedou da súa obra na xente do século XXI.
A cantareira e regueifeira Lupe Blanco será a encargada de moderar o fío condutor desta historia na que o público poderá interactuar cos intérpretes, fartar a rir, coñecer a través da música as poesías de Rosalía e descubrir o valor do vínculo de Lestrobe e de Dodro coa poeta e a súa carreira literaria, evocando imaxes da paisaxe local mediante os textos da autora, así como aquela Alborada que tocaba un gaiteiro de Lestrobe, Clemente Eiras, e á que a autora lle puxo letra.
Residiu nas Torres de Hermida
O vínculo de Rosalía con Dodro é maiúsculo, pois residiu de forma permante nas Torres de Hermida entre 1879 e 1881, onde compartiu incontables vivencias coa súa familia e seu primo, José de la Hermida, e tamén se refuxiara cando falecera súa nai en 1862. De feito, neste lugar naceron os seus xemelgos Ovidio e Gala.
Nas Torres de Hermida, Rosalía escribiu Padrón y las inundaciones en 1881 e compuxo parte de Follas Novas, El primer loco, Costumbres Gallegas, El domingo de Ramos y Cartas a Murguía. A pegada de Dodro e Lestrobe no seu corazón é latente en poemas como Ubi sunt ou Cómo llueve despacito, nos que expresa os seus recordos nestes lugares.

O Caldo de Gloria servirase en locais hostaleiros, colexios e centros colaboradores. / Cedida
Ao rematar o espectáculo musical, a xornada non quedará aí, xa que chegará a quenda da degustación do Caldo de Gloria, que se repartirá ao longo do día nos locais de hostalería do municipio, centros de ensino e locais de entidades colaboradoras.
Esta é unha receita inspirada no poema rosaliano Miña casiña, meu lar, no que a poeta explica as duras condicións de vida que sufriu e como pedía alimento aos seus veciños para xuntar os ingredientes necesarios cos que cociñar un humilde cocido. «Este é un día moi importante para Dodro e de interese para a veciñanza», sinala o alcalde Xabier Castro.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Galicia registra el invierno más húmedo de los últimos 25 años