ACTO
Fisterra presenta o cartel dunha Semana Santa de interese turístico
O alcalde subliña a importancia dunha celebración que é "identidade do pobo"

O alcalde, Luis Insua, segundo esquerda, na presentación do cartel. / Cedida
A igrexa de Santa María das Areas acolleu esta mañá o acto oficial de presentación do cartel promocional da Semana Santa de Fisterra, unha celebración declarada de interese turístico.

Cartel promocional da Semana Santa de Fisterra 2026. / Cedida
Ao acto, organizado pola Xunta de Confrarías, sumouse o alcalde, Luis Insua Lago, quen puxo en valor a importancia da Semana Santa como "expresión de fe, tradición e identidade para o pobo de Fisterra", así como o esforzo colectivo que fai posible a súa celebración ano tras ano.
Desde o Concello agradecen o labor da Xunta de Confrarías da Semana Santa e de todas as persoas colaboradoras "que traballan de maneira constante e desinteresada para manter viva unha tradición que é motivo de orgullo para veciños e veciñas". Un paso máis, engaden, "no camiño cara a unhas datas moi sinaladas para Fisterra, recoñecidas polo seu valor espiritual, cultural e turístico".
Novena de Xesús Nazareno
Dende o pasado venres, e ata o día 28 de febreiro, celébrase a novena de Xesús Nazareno ás 19.00 horas no Patronato. E o domingo, día 1 de marzo, celebrarase unha misa cantada ás 12.00 horas na igrexa de Santa María das Áreas.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago