Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONSELLO DA XUNTA

Impulsan a expropiación de terreos para o futuro polígono de Coristanco

Habilitaranse 173.153 metros cadrados de solo industrial

Mapa de ubicación do futuro parque empresarial de Coristanco.

Mapa de ubicación do futuro parque empresarial de Coristanco. / Cedida

Coristanco

O Consello da Xunta aprobou o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE) do futuro parque empresarial de Coristanco, que permitirá habilitar 173.153 metros cadrados de solo industrial. Para iso, o Goberno galego ten previsto investir máis de 12,5 millóns de euros.

A medida permite iniciar o procedemento para levar a cabo a expropiación dos terreos ao longo deste ano 2026 e principios de 2027. Ademais, en paralelo, Xestión do Solo de Galicia (Xestur) xa licitou o contrato de redacción do proxecto de urbanización (PDU) das obras, coa previsión de licitalas no último semestre de 2027.

No conxunto da provincia da Coruña, o Goberno galego está a tramitar preto de 2 millóns de metros cadrados de solo empresarial.

Tracking Pixel Contents