RECOÑECEMENTO
Camariñas nomeará Fillo Predilecto a Marcial Mouzo
Sandra Insua: "Queremos devolverlle parte do cariño que el repartiu"

Marcial Mouzo será nomeado Fillo Predilecto de Camariñas o 15 de xullo. / Cedida
O Concello de Camariñas nomeará a Marcial Mouzo como Fillo Predilecto da vila. O acto oficial celebrarase o día 15 de xullo. Con este recoñecemento, a corporación municipal quere render homenaxe "a un dos camariñáns máis ilustres e queridos, cuxa voz acompañou a milleiros de galegos e galegas durante décadas".
Marcial Mouzo Vidal, que vén de xubilarse en febreiro, pechou unha brillante etapa profesional tras 41 anos de traxectoria na Radio Galega. Dende o ano 1996 estivo á fronte de Pensando en ti, o programa líder das madrugadas en Galicia, que el mesmo axudou a converter nun auténtico fenómeno social e nunha gran familia para os seus oíntes.
Compañía de panadeiros e mariñeiros
Durante máis de catro décadas, "Marcial Mouzo foi moito máis que un locutor; foi a luz e a compañía de panadeiros, transportistas, mariñeiros, xente da diáspora e tantas persoas que atoparon no seu espazo radiofónico un lugar de escoita activa, diálogo e agarimo nas horas máis silenciosas do día", subliñan dende o Concello de Camariñas.
Malia traballar dende os estudios de Santiago de Compostela, engaden, "Marcial sempre levou a Camariñas por bandeira, exercendo de embaixador da nosa terra e da nosa lingua en cada recuncho onde chegaban as ondas da radio".
Cariño e dedicación
O nomeamento como Fillo Predilecto é a máxima distinción que pode outorgar o Concello a un veciño nacido no municipio. "Camariñas devolveralle a Marcial Mouzo unha pequena parte de todo o cariño e a dedicación que el repartiu ao longo da súa extensa e exitosa carreira profesional", explica a alcaldesa, Sandra Insua.
“Desde o Concello convidaremos no seu momento a toda a veciñanza a sumarse a este acto para acompañar a Marcial neste día tan especial e histórico para a nosa vila”, engade a rexedora.
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa
- Los mayores también llenan las aulas de la USC:«Motiva a seguir aprendiendo»