INFRAESTRUTURAS
En marcha o proxecto de mellora da seguridade viaria na AC-550 en Cee
A alcaldesa pide tamén reforzar a sinalización de pasos de peóns

Margarita Lamela, esquerda, e Belén do Campo. / Xunta de Galicia
A delegada da Xunta, Belén do Campo, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, para avaliar as actuacións nas estradas autonómicas ao seu paso polo concello.
Do Campo informou, en relación coa avenida Fernando Blanco, que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) está a traballar nun proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada AC-550, en treitos con alta potencialidade de risco.
Tamén abordaron a situación da VG-1.4, en relación cos noiros na proximidade do polígono industrial. A delegada da Xunta comprometeuse a ter en conta as demandas trasladadas pola rexedora. Outra das necesidades recollidas pola representante do Goberno autonómico foi a proposta de mellorar a sinalización nalgún paso de peóns para optimizar a súa funcionalidade.
Colaboración institucional
Belén do Campo destacou a importancia da colaboración institucional entre a Xunta e o Concello «para dar resposta ás demandas dos veciños de Cee e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos».
Recalcou que a Xunta prioriza os investimentos marcando prioridades en función de criterios como a sinistralidade, a seguridade ou o deterioro das mesmas «tendo en conta que foi necesario reconsiderar as actuacións tras as duras inclemencias metereolóxicas rexistradas nos últimos meses».
A representante do Goberno galego trasladou que a Xunta está a realizar «un enorme esforzo» na conservación dos 5.500 quilómetros da rede autonómica, un labor constante que se intensifica especialmente en situacións de meteoroloxía adversa como as vividas nas últimas semanas.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Galicia registra el invierno más húmedo de los últimos 25 años