Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

A rede galega de Casas do Maior suma xa 800 prazas gratuítas

A conselleira Fabiola García visitou aos cinco usuarios do centro pontecesán da Campara

Fabiola García e Antón Acevedo na Casa do Maior da Campara, en Ponteceso.

Fabiola García e Antón Acevedo na Casa do Maior da Campara, en Ponteceso. / X. G.

Ponteceso

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Maiores, Antón Acevedo, e da concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, visitou aos cinco usuarios da nova Casa do Maior da Campara, en Ponteceso.

Trátase dun dos 160 recursos destas características que a Xunta impulsa en Galicia e que suman xa 800 prazas gratuítas de atención diúrna no rural.

Fabiola García con dous usuarios na Casa do Maior da Campara.

Fabiola García con dous usuarios na Casa do Maior da Campara. / X. G.

A Xunta investiu algo máis dun millón de euros para crear estes recursos en 2025. A conselleira destacou que estes centros «son servizos pioneiros en todo o país, que buscan responder ás necesidades dos maiores, ao tempo que facilitan que sigan vivindo na súa contorna sen renunciar a uns coidados de calidade». Do mesmo xeito, explicou que a súa posta en marcha «crea emprego na zona, dinamiza o rural e facilita a conciliación».

Explicou que «é unha satisfacción» ver a acollida destes recursos «tanto polos promotores como polos concellos», e dá conta do bo funcionamento desta medida. Lembrou que o Goberno galego destina este ano 6M€ para o seu mantemento e consolidación.

Tracking Pixel Contents