MEDIO AMBIENTE
Virginia Barros: "Precisamos medidas urxentes para atallar fontes de contaminación"
Voluntarios de Mar de Fábula retiraron 4 toneladas de lixo na praia ceense de Estorde

Voluntarios co lixo recollido na praia de Estorde, en Cee. / Mar de Fábula
As borrascas seguen retratando a falta de sensibilidade co medio mariño. Vinte e oito voluntarios, atendendo a chamada do colectivo Mar de Fábula, recolleron case 4 toneladas de lixo na praia de Estorde, en Cee.
"O que alí presenciamos ao chegar resultou estar fóra de todos os parámetros nos 12 anos de actividade da nosa asociación", afirma Virginia Barros, presidenta da asociación.
Aínda así, engade, "non é o único areal tan tremendamente afectado tras o tren de borrascas deste inverno, moitos puntos da nosa costa galega se atopan nun estado semellante. Sobre todo, puntos que pola súa orientación son castigados polos temporais do sudoeste".

Lixo acumulado na praia de Estorde, en Cee. / Mar de Fábula
Retiraron "o máis grande, pero deixamos atrás, unha enorme cantidade de micro e mesoplásticos que precisan de maquinaria. Non somos fans das limpezas mecánicas, sempre temos abogado polas limpezas manuais, pero en casos como este, son imprescindibles", subliña Virginia.

Os voluntarios encheron 5 contedores e 46 sacos co lixo recollido. / Mar de Fábula
Cos 3.957 quilos de lixo recollidos encheron 5 contedores e 46 sacos. Da colleita destaca a presenza de 1.028 paos de bateas partidos pola metade e 179 enteiros; cacharros-polbeiras de plástico e biosoportes de depuradoras da zona "a miles".

Voluntarios de Mar de Fábula retirando lixo na praia de Estorde. / M. F.
Estes produtos "poñen de manifesto a necesidade de nova lexislación e normas de control en diferentes ámbitos. As limpezas son parte da solución, pero non son o única saída, precisamos medidas urxentes para atallar fontes de contaminación. Non podemos disociar o coidao da natureza da nosa propia saúde", afirma a presidenta de Mar de Fábula.
"O coidado da natureza debería de ser unha das prioridades nas axendas de quen nos goberna", conclúe Virginia Barros, quen agradece o labor do voluntariado e o apoio loxístico do Concello de Cee.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Aterriza en O Eixo la primera Gran Festa Picheleira: 'Teremos dez horas de música sen parar, carpa e pulpeiro
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Galicia encara un nuevo temporal: lluvia, viento, nieve y avisos en la costa de A Coruña y Pontevedra