Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Pleno

Ames debate a cuestión de confianza vinculada ao orzamento 2026

Na sesión tamén se estudará a modificación da ordenanza do ICIO

Pleno de debate do orzamento municipal de 2026 en Ames.

Pleno de debate do orzamento municipal de 2026 en Ames. / Cedida

Redacción

Ames

A Corporación de Ames debaterá este xoves, día 26, no pleno ordinario de febreiro a cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamentode 2026, logo de que foxe rexeitada a aprobación inicial o pasado luns.

Aprobarase se votan a favor a maioría simple dos concelleiros ou porque non se presenta no prazo dun mes unha moción de censura, ou se presentada esta, non se alcanza o quórum requirido.

Na sesión tamén se debaterá a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal do ICIO e a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña para poñer en marcha unha liña de axudas para as comunidades enerxéticas.

Obradoiro con Brión

Asemade, os edís estudarán a modificación do convenio de colaboración entre os concellos de Ames e Brión para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para promover o obradoiro dual de emprego Renova Verde.

Abordarán tamén catro mocións do PSOE, PP e BNG para solicitar a renovación da cuberta do CEIPA Maía, condenar os actos vandálicos contra as sedes do PP, autorizar o estacionamento en Bertamiráns e Milladoiro a traballadores que prestan servizos a domicilio, e avanzar en igualdade.

Tracking Pixel Contents