Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cata e masterclass na Efa Piñeiral como prólogo da Festa do Queixo de Arzúa

O alumnado do centro, que recibiu a visita do chef Andrés Torreiro, realiza obradoiros de sensibilización sobre o produto nos colexios

Asistentes á masterclass con Andrés Torreira, do restaurante D' Obra de Melide, na Efa Piñeiral.

Asistentes á masterclass con Andrés Torreira, do restaurante D' Obra de Melide, na Efa Piñeiral. / Cedida

Redacción

Arzúa

O centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral acolleu as primeiras actividades previas da programación oficial da Festa do Queixo de Arzúa.

O martes celebrouse a cata vertical a cargo de Óscar Pérez, secretario xerente do Consello Regulador Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, e este mércores a masterclass Un queixo con moito carácter, a cargo do chef Andrés Torreiro, do restaurante D´Obra (Melide).

No showcooking o chef apostou por amosar as múltiples posibilidades que o queixo Arzúa-Ulloa ten para configurar un menú completo, tanto como entrante, prato principal ou sobremesa, potenciando as maridaxes con outros productos da nosa gastronomía.

“Quixemos nesta masterclass facer unha homenaxe á nosa terra e ó noso produto elaborando tres propostas: un primeiro a base de vieira e polbo con alga codium e soro de leite, que ten ese matiz láctico que marida moi ben con peixe e marisco e compensa sabores salinos; un prato de horta, neste caso allo porro que traballamos como un calçot (asámolo á brasa e unha vez pelado, escabechado e prensado, acompáñase de sardiña afumada e avelá tostada e unha escuma de queixo Arzúa-Ulloa D.O.P.); e unha sobremesa da terra, con mazá impregnanda en licor de herbas, cremoso de queixo Arzúa-Ulloa afumado e rematado con polvo de melindre”, explicou Andrés Torreiro.

Asemade, o alumnado do ciclo de Educación Infantil do centro de formación profesional está a realizar obradoiros de sensibilización sobre o queixo e os recursos locais nos centros educativos da vila.

A Efa Piñeiral estará tamén presente con estand propio na feira desta 51 edición da Festa do Queixo. Durante o sábado e o domingo o estand acollerá a exposición da réplica doce do cartel anunciador da festa, elaboracións do ciclo de panadaría e repostaría, demostracións de pastelaría a cargo do alumnado do centro, concursos e moitas sorpresas máis.

Tracking Pixel Contents