AXUDAS
Íntegro reforza o transporte adaptado para persoas con diversidade co apoio da Deputación
Incorporou un novo vehículo para optimizar rutas e mellorar a eficiencia

A deputada Mar García, no centro, con directivos de Íntegro diante da nova furgoneta. / D. C.
A Deputación da Coruña vén de reforzar o servizo de transporte adaptado da Asociación Íntegro, coa entrega dun novo vehículo destinado a facilitar o desprazamento diario das persoas usuarias aos seus centros de atención.
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, participou no acto de entrega nas instalacións da entidade en Nantón (Cabana de Bergantiños), onde tamén realizou unha visita para coñecer de primeira man o funcionamento da asociación e os servizos que ofrece, así como explorar posibles novas vías de colaboración.
Promoción da autonomía persoal
Interesouse polos programas que Íntegro desenvolve para favorecer a inclusión e a autonomía das persoas con diversidade funcional, entre eles a formación ocupacional, o centro de día, os servizos de rehabilitación física, fisioterapia e atención psicolóxica, así como iniciativas de promoción da autonomía persoal e actividades de ocio e tempo libre, que tamén contan co apoio da Deputación a través das liñas de subvencións a entidades sociais.
A adquisición do novo vehículo foi posible tamén grazas ao apoio da Deputación da Coruña a través dunha liña específica de axudas destinada a adquisición de vehículos, unha das prinicipais demandas destas entidades.
Premio Boas Prácticas
Mar García Vidal destacou "o excelente labor que desde hai máis de tres décadas desenvolve Íntegro a favor da inclusión e da autonomía das persoas con discapacidade das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra. Un traballo imprescindible para o territorio e para as familias, que foi recoñecido cun dos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais que concede a Deputación".
A deputada subliñou tamén a importancia do transporte adaptado en comarcas cunha poboación dispersa e con escasas alternativas de mobilidade. "Recursos como este teñen un impacto directo na calidade de vida das persoas, porque lles permiten acceder aos servizos, gañar autonomía e participar activamente na vida social", afirmou.
O novo vehículo permitirá optimizar as rutas, mellorar a eficiencia do servizo e reducir a necesidade de subcontratacións, reforzando a atención que a entidade presta ás persoas usuarias procedentes de distintos concellos de Bergantiños e Costa da Morte.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El juicio por el nombramiento ilegal de la junta directiva del Compostela queda pendiente de Borja Iglesias
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Galicia activa alertas por nieve, viento y lluvia: las precipitaciones pueden superar los 40 litros por metro cuadrado