ARTE
A mostra colectiva 'Galicia en luz e cor' recala en Baio
É un compendio de sensibilidades plásticas arredor da identidade galega

Unha das obras que integran a mostra que poderá verse en Baio. / Cedida
O centro sociocultural de Baio (Zas) acollerá dende o sábado a mostra fotográfica e de pintura Galicia en Luz e Cor: Unha viaxe visual polos seus mares, cidades e rostros, a cal poderá visitarse ata o 28 de marzo, de martes a venres, de 15.30 a 20.30, e os sábados, de 10.00 a 14.00 horas.
Esta mostra eríxese como un sólido compendio de sensibilidades plásticas arredor da identidade galega, articulando un discurso visual que transita desde a inmensidade atlántica ata a intimidade do rural, desde o pulso urbano ata a épica silenciosa das xentes do mar e do campo.
Técnicas diversas
Así, a través de técnicas diversas de acuarela, óleo, pastel, carbón e fotografía constrúese un mapa estético onde cada autor imprime a súa pegada estilística, evidenciando que a pluralidade formal non dilúe o relato común, senón que o enriquece con matices de fonda autenticidade.
As persoas creadoras que participan nesta exposición pertencen ao Grupo Lucet e son Rosario Puente, María José Puente, Melania Gómez, Ana Cancela, Julia San Martín, María del Carmen Valderde, Francisco Hervella, Dolores Mato e Salvador Galbán.
O grupo está conformado por creadoras e creadores plásticos que desenvolven na actualidade a súa actividade artística fundamentalmente arredor da técnica da acuarela, aínda que a proposta expositiva inclúe tamén pezas desenvolvidas en pastel, óleo e fotografía.
Artistas premiadas
Ademais, varios dos seus integrantes contan cun relevante palmarés de premios acadados en exposicións e certames de pintura, o que supón un recoñecemento explícito á calidade técnica e ao valor estético das súas producións.
O alcalde, Manuel Muíño, desexou que "esta mostra teña unha gran acollida xa que configúrase como unha celebración da identidade galega a través de miradas diversas e complementarias, onde técnica, estilo e personalidade conflúen nun relato visual de notable coherencia e calidade artística".
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Galicia registra el invierno más húmedo de los últimos 25 años