INCLUSIÓN
Mozos e maiores aportan "saberes e sabores" a quenes máis os precisan en Cabana
Integro xuntou dúas parellas interxeracionais para cultivar e cociñar produtos de tempada

Adolfo López, esquerda, e José Muíño presentando o proxecto. / Cedida
A Asociación Íntegro pon en marcha a segunda edición de Saberes e Sabores, un proxecto de voluntariado interxeracional co que colabora o Concello de Cabana. O alcalde, José Muíño, participou na presentación da iniciativa xunto ao presidente de Íntegro, Adolfo López, e outros representantes da entidade, radicada no municipio.
O programa desenvolverase ata o 15 de maio e promove a participación activa de persoas mozas, maiores e con discapacidade, tendendo pontes entre xeracións para compartir coñecementos, habilidades e ferramentas. Nel participan catro voluntarios —dous maiores de 55 anos e dous menores de 35— organizados en dúas parellas interxeracionais.
Novas tecnoloxías
Unha delas encárgase do cultivo de produtos de tempada nun invernadoiro. A persoa maior achega a súa experiencia na agricultura, mentres que a máis nova contribúe co seu dominio das novas tecnoloxías para optimizar o proceso.
A outra parella traballa nos fogóns cos alimentos obtidos no invernadoiro. A persoa de maior idade comparte a sabedoría da cociña tradicional, mentres que a máis nova incorpora innovación e novas técnicas.
A terceira liña de actuación céntrase no aproveitamento deste traballo conxunto para apoiar os veciños da contorna que máis o precisan. Tanto os produtos do invernadoiro como os pratos preparados no obradoiro repártense entre persoas maiores en situación de vulnerabilidade.
O Concello colabora identificando os fogares onde esta doazón é máis necesaria. Dende o goberno municipal expresaron o seu agradecemento polo labor de Íntegro, “que leva tres décadas levando a cabo un excelente traballo, promovendo a integración e camiñando cara a unha sociedade máis xusta”.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Un crack compostelano de la FP:«Quiero dedicarme a la automoción»
- El precio de la gasolina continúa subiendo y llenar el depósito ya supera los 100 euros en Santiago
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal