EDUCACIÓN
O BNG reitera a demanda de máis profesores especialistas para centros da Costa da Morte
Óscar Insua di que levan cinco meses esperando unha resposta da Xunta

Concentración celebrada en Cee. / BNG
O BNG asegura que leva cinco meses á espera dunha resposta da Xunta respecto á solicitude de información sobre a atención ao alumnado con necesidades especiais nos centros escolares da Costa da Morte.
O deputado nacionalista Óscar Insua solicitou un informe sobre a matrícula de alumnos nas ensinanzas obrigatorias nos colexios públicos e concertados, detallando o número de escolares por curso e por aula, así como o número de alumnado con necesidades educativas especiais e necesidades específicas de apoio educativo, de profesores de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe, e de coidadores.
Demandas en Muxía e Cee
Asegura que a Xunta «segue a facer oídos xordos» ás reivindicacións das familias, «que desde o inicio do ano escolar están demandando máis profesorado especializado para a atención das necesidades educativas dos alumnos e alumnas máis vulnerables da Costa da Morte, nomeadamente os de Muxía e Cee, que precisan de máis recursos», sinalou.
«Insistiremos ata que a Consellería de Educación atenda as demandas das ANPA, e continuaremos apoiando as familias», conclúe.
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa
- Los mayores también llenan las aulas de la USC:«Motiva a seguir aprendiendo»