Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

NEGOCIACIÓN

Acordan un incremento salarial do 1,5% para o persoal municipal da Laracha

Habilitarase unha partida para implantar a carreira profesional

Casa consistorial da Laracha.

Casa consistorial da Laracha. / Cedida

A Laracha

Membros do Goberno local da Laracha, representantes sindicais e da empresa redactora da modificación da relación de postos de traballo (RPT) -JL Tudón Consultores en Organización- e un asesor da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) participaron nunha mesa de negociación para avaliar as condicións profesionais do funcionariado e do persoal laboral do Concello.

Orzamentos

Acordaron o incremento salarial do 1,5 % para o conxunto do persoal municipal, unha medida que xa se vén aplicando desde xaneiro e que agora queda formalmente avalada no marco da negociación colectiva.

Así mesmo, acordouse a incorporación dunha partida específica destinada á implantación da carreira profesional, dando así cumprimento ao compromiso de regular este sistema de promoción horizontal.

Estes acordos supoñen un paso decisivo para avanzar na tramitación do proxecto de orzamentos municipais para este ano 2026, que se prevé elevar ao pleno para o seu debate e, de ser o caso, aprobación, nos próximos días.

Incorporación de 19 postos

Outro dos asuntos acordados na mesa de negociación foi a modificación puntual da RPT coa incorporación de 19 postos por necesidades organizativas, o que permitirá regularizar administrativamente estas prazas dentro da estrutura oficial que se proporá ao pleno.

Incorporaranse 4 prazas de administrativo, 3 de auxiliar administrativo e 2 de técnico de xestión, ademais das de técnico informático, xefe de negociado, coordinador de Protección Civil, enxeñeiro técnico para a área de Urbanismo, Obras e Servizos, operario de servizos múltiples e conserxe, técnico de cultura, técnico de turismo, animador deportivo, traballador social e educador familiar.

Dende o Goberno local reafirman a súa "vontade de diálogo e de traballo conxunto cos sindicatos e representantes do persoal, consolidando avances en materia retributiva e organizativa e reforzando a estabilidade e planificación dos recursos humanos do Concello".

Tracking Pixel Contents