BALANCE
As actividades do Ames Cultural 2025 xuntaron máis de sete mil persoas
Este ano haberá unha programación estable, con teatro, danza, cine e un ciclo de monólogos

O alcalde, Blas García, presidiu o pleno do Concello Sectorial da Cultura. / Cedida
Redacción
O pleno do Consello Sectorial da Cultura de Ames fixo balance da programación do Ames Cultural 2025, que xuntou máis de 7.000 persoas en todas as actividades.
A programación de artes escénicas sumou 2.364 persoas en 18 espectáculos. A venda de entradas xerou 7.880 euros, e o Agadic aportou 30.243 €, mentres que os cachés dos artistas ascenderon a un total de 61.532 euros.

Ciclo de monólogos en Ames. / Cedida
O Abril de Cine rexistrou unha asistencia de 235 persoas; o Cine de Outono acolleu 189 espectadores; e o ciclo de monólogos reuniu 563 asistentes. Pola súa banda, os festivais Abanea, Ames Jazz, Millarock, Festimax e Cinema miúdo rexistraron máis de 3.600 persoas.
Hai que engadir os Seráns de Ames, as Noites en Vela e o Día de Galicia, os cales non tiveron contabilización de público asistente.
A concellería de Cultura organizou ademais tres festividades estacionais co apoio doutros departamentos municipais e organizacións locais: o Entroido, o Nadal e o Ames en Festas. Esta última encadeou os festexos da Madalena e da Peregrina, que congregaron máis de 20.000 persoas.

Festas da Madalena de Milladoiro, en Ames. / Cedida
Paralelamente, o Concello, a través das bibliotecas, desenvolveu un programa estable de actividades culturais nas que participaron máis de 2.500 persoas, e a Escola Municipal de Música contou con 186 alumnos e alumnas.
O pleno tamén fixo un avance da programación para 2026, e confirmou unha programación estable de teatro e danza. Manteranse os ciclos de cine (abril e outono) e o de monólogos, así como os festivais dos últimos anos. n
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años