A Baña quere transformar en fogares locais municipais que están en desuso
O Concello solicitou adherirse a un programa que permitiría financiar as obras de rehabilitación ata o 95%

A Baña activou un servizo de asesoramento en materia de vivenda para facilitar o acceso ás axudas para a rehabilitación. / Cedida
Redacción
O Concello da Baña vén de activar un servizo municipal específico de asesoramento en materia de vivenda co obxectivo de facilitar á veciñanza o acceso ás axudas públicas para a rehabilitación de inmobles e a mellora da eficiencia enerxética.
Esta medida enmárcase na estratexia do Goberno local para converter a política de vivenda nun eixo prioritario de fixación de poboación e dinamización do municipio.
O alcalde, José Antonio Pereira, explicou que a iniciativa "responde á vontade de que ningún veciño quede sen axuda para mellorar a súa casa e que o Concello recupere patrimonio para atraer novos residentes".
A través do departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, o Concello ofrece asesoramento técnico individualizado para a tramitación de dúas liñas clave da Xunta: o programa VI435E, destinado á rehabilitación de infravivendas, co fin de garantir fogares dignos e seguros ás persoas con menos recursos; e o programa MT402A, centrado na corrección de impactos paisaxísticos e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo á redución do consumo eléctrico e á sustentabilidade das vivendas.
“Non imos permitir que a complexidade administrativa free oportunidades para a nosa xente. Este Goberno local está ao carón da veciñanza, acompañándoa en cada trámite para garantir que as axudas se transformen en melloras reais nas vivendas da Baña”, destacou o alcalde.
José Antonio Pereira enmarcou esta iniciativa dentro dun plan estratéxico máis amplo orientado a revitalizar o municipio, atraer novos residentes e converter a política de vivenda nun instrumento eficaz para encher de vida o concello.
Esta acción complétase coa solicitude presentada polo Concello ao abeiro do programa VI422F, que permitiría rehabilitar edificios municipais en desuso cun financiamento de ata o 95% para convertelos en vivendas.
“Cada vivenda que rehabilitamos é unha oportunidade real para favorecer o asentamento de novas familias”, subliñou o alcalde, quen incidiu en que este esforzo permite garantir a viabilidade económica do municipio, dinamizar a vida social e reforzar a prestación de servizos públicos.
O obxectivo é transformar inmobles municipais en desuso en fogares que xeren actividade, atraian poboación e contribúan a frear o envellecemento demográfico.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago