EDUCACIÓN
Máis de oito millóns de euros para mellorar centros educativos de Costa da Morte
Román Rodríguez visitou o colexio de Laxe no que se reforzou a eficiencia enerxética

O conselleiro, terceiro dereita, durante a visita ao colexio de Laxe. / X. G.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Laxe, Francisco Charlín, visitou o Centro Público Integrado Plurilingüe Cabo da Area, un dos beneficiados pola estratexia de mellora e modernización de centros que está a impulsar a Xunta de Galicia a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica.

Francisco Charlín, esquerda, Román Rodríguez e Belén Do Campo no colexio de Laxe. / X. G.
Neste sentido, o titular do departamento educativo puxo en valor o investimento de case 8 M€ que se está a facer no marco deste plan na Costa da Morte. "Neste mesmo centro acometemos unha completa intervención de eficiencia enerxética que permitiu mellorar o día a día do alumnado, reducindo ademais o consumo”, detallou.
Investimento de 500.000 €
Esta intervención incluíu o illamento térmico das fachadas mediante sistema SATE, a renovación das carpinterías do edificio de Primaria, o saneado e pintado da estrutura metálica na zona de entrada do edificio de Secundaria e a substitución da cuberta e lucernarios da cafetería e vestiarios. Xunto con outras pequenas reparacións acometidas nos últimos veráns no centro, constitúe un investimento de arredor de 500.000 € do que é o único centro educativo de Laxe.
Compromiso manifesto
"O noso compromiso cos centros educativos da Costa da Morte é manifesto", salientou o conselleiro. “De feito, esta semana acabamos de comprometer o cambio de cuberta do Instituto Eduardo Pondal de Ponteceso, cun orzamento de case 400.000 euros e temos en licitación neste momento a rehabilitación integral do Colexio O Areal, en Camariñas, por máis de 1,1 M€”, remarcou.

O conselleiro, á dereita, con escolares do colexio de Laxe. / X. G.
Estas actuacións súmanse a outras de gran relevancia como a rehabilitación integral e reforma do salón de actos do Instituto Alfredo Brañas (Carballo, 2 M€), a ampliación do CEIP Mar de Fóra (Fisterra, 913.000 €) ou as melloras sectoriais acometidas no Centro Público Integrado As Revoltas (Cabana de Bergantiños, 660.000 €), no CEIP Plurilingüe Eugenio López (Cee, 518.000€), entre outras.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores