Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XUNTANZA

Turismo estuda como ordenar as visitas ao faro de Fisterra

A vila será punto final de dúas grandes rutas ciclistas europeas

Xosé Manuel Merelles, esquerda, e Luis Insua.

Xosé Manuel Merelles, esquerda, e Luis Insua. / Xunta Galicia

Fisterra

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Fisterra, Luis Insua, avaliaron a estratexia e as iniciativas turísticas a desenvolver para aproveitar todo o potencial do concello.

Entre outras cuestións analizaron a crecente importancia do Camiño de Fisterra Muxía, para o que a Xunta vén de monitorizar a ruta a través de sensores que miden o fluxo de peregrinos desde a capital de Galicia ata algún destes dous puntos da costa coruñesa, unha medida que, indicaron, está a favorecer a planificación do destino.

Repasaron, ademais, entre outros asuntos os estudos encargados para ordenar as visitas a recursos como o faro de Fisterra ou a oportunidade de que a vila sexa punto final de dúas grandes rutas ciclistas europeas: Eurovelo 1 e Eurovelo 3, das que a Xunta vén de rematar a súa sinalización.

Tracking Pixel Contents