FORMACIÓN
China, o coche do futuro e o cerebro: temas que abordará a Universidade Sénior en Cee
Participarán 65 persoas maiores de cincuenta anos

Acto de presentación de la edición del pasado año en Cee. / Cedida
Sesenta e cinco maiores de 50 anos participarán en Cee na segunda edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior da Coruña, que comezará o luns, día 2 de marzo ás 17.00 horas, na casa da cultura.
As sesións desenvolveranse durante os meses de marzo e abril e están inscritos veciños e veciñas de Cee, Camariñas, Carnota, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía.
O programa estrutúrase en tres módulos, compostos por sesións teóricas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña. As actividades celebraranse dous días á semana, de 17.00 a 19.00 horas, e abordarán unha ampla variedade de temáticas de interese social, cultural, científico e sanitario.
Ao acto de inauguración asistirán a directora, Matilde García Sánchez, a adxunta a dirección da Universidade Sénior da UDC, Susana Iglesias Antelo, e a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela Louzán.
Humanidades e Ciencias Sociais
No módulo de Humanidades e Ciencias Sociais abordarán os temas O xigante esperto: China, a gran descoñecida, a cargo do profesor Iván Nieto Cerdeiriña (2 de marzo); Arte de vangarda: manual de instrucións, con Fernando Agrasar Quiroga (3 de marzo); A xustiza penal en España: mitos e realidades, a cargo de Eva Mª Souto García e J. Antonio Ramos Vázquez (9 de marzo).
Terra e Tecnoloxía
E no módulo de Ciencias da Terra e Tecnoloxía o profesor Antonio J. Díaz Longueira impartirá a sesión A revolución dixital na xestión da auga (16 de marzo); Socorro Castro García dirixirá a clase O coche do futuro moverase con hidróxeno? (17 de marzo); e Elvira Santiago Gómez pechará o módulo con Lume. Análise social dos incendios forestais (23 de marzo).
Vida e Saúde
O ciclo completarase co módulo de Ciencias da Vida e da Saúde, da man do profesor Casto Rivadulla Fernández, coa sesión Cerebro: memoria, sono e rock and roll (7 abril); Esther Fernández Fernández coa clase Evolución ou extinción: eu decido (8 de marzo); e Salvador Fojón Polanco coa sesión Cambio climático: causas, consecuencias e solucións (13 de abril).
Con este programa, a Universidade Sénior reafirma o seu compromiso de achegar a formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos de Cee, dando continuidade a unha liña de traballo orientada a responder ás súas inquedanzas e necesidades formativas desde a posta en marcha desta iniciativa, en diferentes comarcas e vilas, no ano 2018.
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades