8M
Íntegro dá visibilidade a "mulleres que inspiran" na Costa da Morte
O obxectivo é e recoñecer o seu papel na sociedade e promover valores

Directivos e usuarios da Asociación Íntegro, con sede en Cabana. / Cedida
Con motivo do Día Internacional da Muller, a Asociación Íntegro impulsa a campaña #MulleresQueInspiran, unha iniciativa que busca dar visibilidade «á diversidade de mulleres que forman parte das nosas vidas, recoñecer o seu papel fundamental na sociedade e promover valores como a igualdade de oportunidades, a diversidade e o respecto», afirman.

Cartel promocional da campaña da Asociación Íntegro. / Cedida
A través desta acción, Íntegro pretende implicar tanto ao tecido asociativo como á cidadanía nunha mensaxe positiva e transformadora, dando protagonismo ás mulleres que inspiran, acompañan, lideran e constrúen comunidade día a día. A campaña está aberta á participación de toda a cidadanía e tamén ás entidades sociais que desexen sumarse.
Nas redes sociais
Desde o domingo 1 de marzo e ata o sábado 7, a entidade dará a coñecer diariamente nas súas redes sociais a historia dunha muller anónima inspiradora, valente e cunha traxectoria que merece ser contada, contribuíndo así a encher o espazo dixital de referentes femininos reais e próximos.
Para formar parte da campaña, as persoas e entidades interesadas deberán publicar no seu perfil ou nas stories unha imaxe dunha muller —ou mulleres— significativas, seguir a conta de @asociacionintegro e mencionar ou etiquetar á asociación Íntegro na publicación.
Produtos artesanais
Entre os participantes sortearase unha cesta de produtos artesanais elaborados polas persoas usuarias da entidade, que incluirá artigos de Bicos de Amora e Diversiplas.
O prazo para participar permanecerá aberto ata as 23.59 horas do domingo 8 de marzo, e o luns día 9 anunciarase publicamente nas redes sociais de Íntegro a persoa ou entidade gañadora.
Desde a asociación animan á cidadanía e ás organizacións sociais "a implicarse nesta campaña e contribuír a espallar unha mensaxe colectiva de recoñecemento e igualdade, enchendo as redes de historias que inspiran e constrúen unha sociedade máis xusta e inclusiva".
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años