Marta Romero será a nova concelleira do BNG de Brión
Teresa Andrade formalizou esta semana a súa renuncia á acta por motivos persoais

Marta Romero. / Cedida
Redacción
O Bloque Nacionalista Galego de Brión incorporará nas vindeiras semanas a Marta Romero como nova concelleira do grupo municipal, despois de que Teresa Andrade formalizase esta semana a súa renuncia á acta por motivos persoais.
Desde o BNG de Brión agradecen a Teresa Andrade o traballo desenvolvido nestes anos, tanto no grupo municipal como no Consello Local da organización.
O Bloque destaca tamén a súa “imprescindible achega e xenerosidade en ámbitos como o asociacionismo veciñal e educativo, implicada durante anos e no labor desenvolvido nas ANPA do colexio de Primaria e do instituto de Brión”.
A acta será asumida pola seguinte persoa da lista do BNG, Marta Romero García, veciña da Amañecida, na parroquia da Luaña, que pasará a formar parte do grupo municipal nacionalista canda Xosé Penas e Tito Souto co obxectivo de continuar reforzando o proxecto do Bloque no concello.
Romero é activista vinculada ao movemento feminista, á solidariedade internacional, á protección animal e á defensa dos dereitos da clase traballadora.
Con esta incorporación, o BNG de Brión reafirma así a súa “vontade de seguir traballando para afortalar o proxecto nacionalista no municipio, consolidando unha alternativa centrada na defensa dos servizos públicos, na participación social e na mellora da calidade de vida da veciñanza”.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años