SERVIZOS
Mozos e maiores únense en Vimianzo para loitar contra a soidade non desexada
María José Pose: "Cando as xeracións se escoitan, toda a comunidade gaña"

Encontro de estudantes e residentes na vivenda comunitaria de Vimianzo. / Cedida
O Concello de Vimianzo está a desenvolver o proxecto interxeracional A vida, o teu carón, enmarcado na iniciativa Conectando corazóns e financiado por Xeal, co obxectivo de crear pontes entre a mocidade e as persoas maiores, poñendo no centro o seu benestar emocional e a loita contra a soidade non desexada.
Esta semana tivo lugar un encontro entre as residentes da vivenda comunitaria municipal e o alumnado do IES Terra de Soneira, coordinados pola educadora social, Belén Fernández, no que participaron arredor de 30 persoas entre mocidade e maiores, compartindo espazos de conversa, dinámicas emocionais e actividades pensadas para fomentar a escoita activa, a empatía e o respecto mutuo.
Emocións e vivencias
A través destas sesións, a mocidade recibe ferramentas para mellorar a comunicación e a comprensión da realidade das persoas maiores, ao tempo que as residentes da vivenda comunitaria poden expresar as súas lembranzas, emocións e vivencias, sentíndose acompañadas e valoradas.
Deste xeito, A vida, o teu carón "contribúe a reducir o illamento social, poñer en valor o legado vital e ético das persoas maiores e reforzar o tecido comunitario de Vimianzo", subliña a concelleira de Benestar, María José Pose.
Mirarse aos ollos
"Con encontros como este demostramos que cando xeracións diferentes se miran aos ollos e se escoitan de verdade, toda a comunidade sae gañando, porque ninguén debería enfrontarse á soidade en silencio", engade.
Dende o Concello de Vimianzo agradecen a implicación do IES Terra de Soneira, da vivenda comunitaria e de todas as persoas participantes, así como o apoio de Xeal, "que fai posible este proxecto que conecta corazóns e constrúe unha sociedade máis xusta, cercana e humana".
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa
- Los mayores también llenan las aulas de la USC:«Motiva a seguir aprendiendo»