Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INSERCIÓN LABORAL

O programa de emprego da Laracha beneficia a un cento de persoas

Presta especial atención aos colectivos vulnerables

O alcalde, cuarto esquerda, e a delegada, quinta, cos participantes no programa.

O alcalde, cuarto esquerda, e a delegada, quinta, cos participantes no programa. / X. G.

A Laracha

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitou ao alumnado do Programa Integrado de Emprego (PIE), e puxo de relevo «o papel clave destas ferramentas, que a Xunta impulsa en colaboración cos concellos e entidades sen ánimo de lucro, na integración sociolaboral dos colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo».

Belén do Campo dirixíndose aos participantes no Programa Integrado de Emprego.

Belén do Campo dirixíndose aos participantes no Programa Integrado de Emprego. / X. G.

O PIE larachés conta cunha achega de 220.000 € e acolle un cento de persoas desempregadas, dúas delas con discapacidade.

Outras 20 son menores de 30 anos; 20 maiores de 52; 27 perceptoras de prestacións, subsidios ou Renta Activa de Inserción (RAI); 11 son mulleres; 10 desempregados de longa duración; e 10 non incluídas nos grupos anteriores.

Itinerarios personalizados

Do Campo resaltou que se lles ofrecen itinerarios personalizados de inserción laboral que combinan accións de orientación, formación, acompañamento e intermediación.

Neste curso completaron a acción relacionada co comedor escolar dende unha perspectiva socioeducativa, e nesta semana comezaron as formacións de xestión loxística e actuacións en primeiros auxilios.

Tracking Pixel Contents