Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Balance 2025

Obras e servizos acaparan o 40% das 188 queixas presentadas polos veciños de Ames

O Concello solicitará unha subvención á Deputación para apoiar as comunidades enerxéticas

Pleno de Corporación de Ames.

Pleno de Corporación de Ames. / Cedida

Redacción

Ames

A concelleira de Atención e Participación Veciñal de Ames, Ana Belén Paz, deu conta no pleno das queixas, suxestións e reclamacións recibidas en 2025. Foron un total de 188. Delas, 77 estaban vinculadas a obras e servizos, 21 á atención cidadá e veciñal e 14 ao urbanismo. O resto foron relativas a deportes (15), cultura (14), medio ambiente (13), mobilidade (11), benestar social (11), seguridade (7), promoción económica (2), administración xeral, arquivo, bibliotecas, mocidade, normalización lingüística e secretaría.

Ordenanza do ICIO

Na sesión tamén se aprobou de xeito inicial a modificación da ordenanza fiscal do ICIO, e acordouse solicitar á Deputación da Coruña unha subvención de 100.000 euros para financiar unha liña de axudas para comunidades enerxéticas.

No apartado de mocións, aprobáronse as propostas do PSOE para solicitar á Xunta a substitución da cuberta do CEIP A Maía, e a do PP, de condena dos actos de vandalismo contra as súas sedes. Tamén se aprobou unha do BNG para reafirmar o compromiso coa loita feminista, e quedou sobre a mesa outra para autorizar estacionamentos temporais en Bertamiráns e Milladoiro.

TEMAS

Tracking Pixel Contents