Rois presenta o seu Cancioneiro popular, un "tesouro" que recolle máis de 3.000 cantigas populares
Esta obra recolle as coplas que se cantaban nas aldeas durante o século pasado coas variantes de cada lugar

Clodio González, 3º pola esq, ao lado de Ramón Tojo e Valentín García. / Cedida
O Concello de Rois vén de presentar no auditorio municipal o seu Cancioneiro popular, un proxecto que recolle máis de 3.000 cantigas que se cantaban nas aldeas durante o século pasado e que foi escrito por Clodio González Pérez, que llo dedicou "ás mulleres e homes que fixeron posible esta obra, especialmente ás avoas do alumnado dos dous colexios de Rois”.
O alcalde roisense, Ramón Tojo, asegurou que "trátase dunha obra que representa moito máis que unha publicación. É memoria viva, identidade compartida e patrimonio colectivo que debemos preservar e transmitir", e lembrou que este proxecto "é o eco das voces das nosas avoas e dos nosos avós, das festas, das foliadas, dos labores do campo e das celebracións que marcaron a vida comunitaria en Rois”.
Pola súa parte, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, resaltou o traballo do autor e académico correspondente da Real Academia Galega. “Tedes un tesouro. Moi poucos concellos teñen un cancioneiro deste volume”, destacou. “O libro recolle as variantes das coplas en cada aldea. Trátase dun traballo titánico e hai que ser un orfebre para facer isto”, engadiu o representante da Xunta.
No acto estiveron presentes Milagres das Neves Romero Susavila e Xabier Campos Vilar que, xunto con Noa Campos Codesido, formaron parte do equipo editor do Cancioneiro popular, editado por editorial Toxosoutos. Como equipo revisor e corrector do libro tamén participaron no libro Inmaculada Seage e Anayansi Singh, normalizadora lingüística e animadora cultural do Concello de Rois.
Participaron na presentación as agrupacións musicais e vocais de Rois, que interpretaron algunhas das coplas que aparecen no libro. Abriu e pechou o encontro o OCT Chorima, e actuaron as Pandeireteiras de Ermedelo, as Repeniqueiras de Urdilde e as Cantareiras das Amas de Casa de Rois. Ao rematar, todas as persoas presentes compartiron uns petiscos para seguir “conversando, celebrando e facendo comunidade”, como indicou o alcalde.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago