Vedra recibirá case 500.000 euros da Xunta en tres anos para financiar o SAF
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a Remedios Pereiras, de 102 anos, usuaria do Servizo de Axuda no Fogar

Carlos Martínez, Fabiola García e Remedios Pereiras. / Cedida
Redacción
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este sábado en Vedra a Remedios Pereiras, de 102 anos e usuaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para avaliar o impacto que ten o acordo asinado entre a Xunta e a Fegamp que permitirá que os concellos poidan mellorar este servizo, que é de competencia municipal.
Acompañada polo alcalde, Carlos Martínez, García cualificou de «histórico» este acordo, xa que suporá un aumento do 50% da achega do Goberno galego ao SAF, polo que inxectará 150 M€ máis nos municipios nesta lexislatura.
No caso do concello de Vedra este acordo terá un impacto claramente positivo, posto que o incremento do financiamento da Xunta durante os tres anos de vixencia do acordo ascenderá a 486.000 euros.
Fabiola García criticou o feito de que «mentres a Xunta avanza en dereitos sociais, o Executivo de Pedro Sánchez segue sen cumprir a Lei e sen aportar o 50% do custo da dependencia, polo que a débeda con Galicia ascende 2.900 M€».
Ademais, denunciou que o Goberno central «queira paralizar o plan de choque posto en marcha hai un ano pola Xunta e que tan bos resultados está dar, con máis de 86.000 expedientes de dependencia e de discapacidade resoltos de maneira favorable».
García sinalou que a decisión do Tribunal Constitucional de levantar a paralización deste plan «é un duro golpe para o Goberno central, que coa súa actuación provocou que uns 3.000 dependentes visen paralizada a homologación automática da súa dependencia».
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Paz Padilla, tras completar el Camino de Santiago: “El verdadero regalo no es llegar a Santiago, sino…”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa