Mazaricos reparte máis de mil racións do seu produto estrela: o bolo do pote
Servíronse ao prezo de tres euros en pratos conmemorativos de cerámica de Buño

Organizadores e cociñeiras da Festa do Bolo do Pote, tras os fogóns. / Concello de Mazaricos
O Campo da Feira da Picota (Mazaricos) acolleu este domingo a xornada central da 27ª Festa do Bolo do Pote, na que os asistentes puideron asistir a unha demostración en directo do proceso de elaboración deste produto e, por suposto, degustalo.

Asistentes á degustación popular da Festa do Bolo do Pote. / Concello de Mazaricos
A festa comezou ás 13.00 horas co pasarrúas e a actuación da charanga Alambique. A continuación, o protagonista foi o tradicional bolo do pote, que se podía degustar en racións ao prezo de tres euros, con agasallo do prato conmemorativo, de cerámica de Buño.
Asimesmo, cinco establecementos hostaleiros da zona (Asador Manduca, Restaurante Efe-Eme, Casa Jurjo, Bar A de Paris e Casa Pego) ofreceron menús que, ao prezo de trinta euros, incluían, ademais dos bolos do pote, cocido, postre, viño e café.

As racións servíronse en pratos de cerámica de Buño. / Concello de Mazaricos
Igualmente, tres establecementos colaboradores desta festa (Taberna Casa Senra, Café-Bar Alborada e Pizzería Pinocchio) serviron o bolo do pote en forma de tapas e racións coas consumicións.
Entre as autoridades asistentes á degustación popular que tivo lugar nunha carpa estaban o alcalde, Juan José Blanco; o tenente de alcalde, Jorge Villar; e a deputada provincial de Igualdade, Sol Agra.

Pola esquerda, Juan José Blanco, Jorge Villar e Sol Agra. / Concello de Mazaricos
O rexedor mazaricán destacou o «enorme éxito» desta edición, ao que contribuíu o bo tempo.
«Superouse o número de racións do ano pasado, con máis dun milleiro, e nos establecementos de hostalería rexistrouse un cheo total; todos completaron a capacidade dos seus locais coas reservas que se fixeran previamente», explicou Juan José Blanco.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago