Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INICIATIVA

O Concello de Camariñas honra ás palilleiras e aplica a Lei de Memoria Histórica

As encaixeiras darán nome á actual rúa Ambrosio Feijoo

Monumento ás palilleiras na céntrica Praza Insuela de Camariñas.

Monumento ás palilleiras na céntrica Praza Insuela de Camariñas. / Cedida

Camariñas

O Concello de Camariñas cambiará o nome da rúa Ambrosio Feijoo, que pasará a chamarse de xeito oficial Avenida das Palilleiras. O goberno local asegura que, deste xeito, aplícase a Lei de Memoria Histórica, eliminando o nome do xeneral Ambrosio Feijoo do rueiro municipal e, por outra, «ponse en valor a figura, o esforzo e a arte das palilleiras de antes, de agora e das futuras xeracións».

Esta iniciativa responde ademais a unha das medidas recollidas no Plan de Igualdade, que establece a necesidade de dar visibilidade ás mulleres nos espazos públicos e darlle ás rúas nomes de figuras femininas que sirvan como referentes para toda a sociedade.

«As palilleiras, motor económico e cultural, representan á perfección ese espírito de construción da comunidade», afirman.

Pleno na Mostra do Encaixe

O cambio aprobarase nun pleno extraordinario o día 1 de abril, coincidindo coa inauguración da XXXV Mostra do Encaixe, e celebrarase no recinto da feira das puntillas.

A alcaldesa, Sandra Insua, subliña que «é un exercicio de xustiza e gratitude cara a un colectivo de mulleres que, cos seus bolillos e o seu talento, teceron a identidade e o futuro de Camariñas».

Tracking Pixel Contents