PROXECTO
O Concello da Laracha presenta un orzamento récord de 11.910.000 euros, con un aumento do 9,47%
Conxelarán tributos e taxas, destinando fondos á mellora de servizos e infraestruturas, segundo explicou o alcalde

Manuel García, esquerda, e José Manuel López presentando o orzamento. / Cedida
O alcalde da Laracha, José Manuel López, e o concelleiro Manuel García presentaron o proxecto de orzamentos para 2026, que ascende a 11.910.000 euros, o que supón un incremento dun 9,47%. Será «o máis alto da historia do Concello» e, segundo o rexedor, «é realista, rigoroso e adaptado á realidade».
Destaca o «forte impulso» ao investimento (máis de 1 M€) e a aposta polo reforzo das axudas de emerxencia social, as subvencións a entidades culturais, educativas e deportivas, e as achegas ás comisións de festas. Asemade, as bolsas de estudos elévanse ata 80.000 €.
Torres de Cillobre e menhir de Erboedo
Entre as actuacións previstas inclúense a achega municipal para a construción do novo aparcamento do CEIP Otero Pedrayo, a humanización da Avenida López Astray, a expropiación dos terreos afectados polo Plan Especial do Igrexario de Lestón e o seu proxecto de urbanización, a posta en valor das Torres de Cillobre e do menhir de Erboedo como elementos patrimoniais, e a renovación da cuberta da piscina municipal e de parques infantís.
Os tributos e taxas municipais permanecerán conxelados e, á vez, búscase «dar resposta ás necesidades da veciñanza e manter a calidade dos servizos e infraestruturas», afirmou o alcalde larachés.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre