Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Teatro con Salitre volve a Caión con tres obras no mes de marzo

O ciclo combina creación contemporánea, revisión histórica e comedia

O espectáculo 'Sol y fuerza' de aAntena Teatro abrirá o ciclo.

O espectáculo 'Sol y fuerza' de aAntena Teatro abrirá o ciclo. / Cedida

A Laracha

O Concello da Laracha continúa a súa aposta pola promoción cultural e as artes escénicas coa quinta edición do ciclo Teatro con Salitre, unha proposta xa consolidada dentro da programación anual e que volverá converter o centro sociocomunitario de Caión nun punto de encontro para o público xuvenil adulto ao longo do mes de marzo.

Nesta ocasión a programación reúne tres pezas de estilos diversos, combinando creación contemporánea, revisión histórica e comedia co obxectivo de ofrecer unha oferta variada e accesible para a veciñanza.

Cartel promocional do ciclo Teatro con Salitre de Caión.

Cartel promocional do ciclo Teatro con Salitre de Caión. / Cedida

As obras que compoñen o cartel desta quinta edición son Sol y fuerza, de aAntena Teatro (venres 13); Mala vida e pior morte de Ricardo III, de Produccións Teatrais Excéntricas (día 20); e Un fiambre, unha rosca e un cancán, da Asociación Cultural Faíscas (día 27).

Teatro con Salitre reafirma o compromiso municipal coa descentralización da oferta escénica e co acceso á cultura. A organización conta coa colaboración do programa Dinamiz-ARTj do Instituto para la Transición Justa.

Todas as funcións comezarán ás 21.00 horas e están dirixidas ao público xuvenil e adulto, con entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.

Tracking Pixel Contents