Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

A Xunta construirá unha glorieta na AC-418, en Malpica, con 330.000 € de investimento

Reformará a intersección coas rúas Ventorrillo e Canido e o acceso ao colexio

Intersección na que se construirá a glorieta na AC-418.

Intersección na que se construirá a glorieta na AC-418. / X. G.

Malpica

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de trazado para a construción dunha glorieta na estrada autonómica AC-418, ao paso polo núcleo de Malpica de Bergantiños.

Trátase de executar unha actuación de mellora da seguridade viaria e a funcionalidade desta vía de titularidade da Xunta, cun orzamento de licitación por un importe de máis de 275.000 euros, que suporá un investimento autonómico total de máis de 330.000 euros.

Recreación da futura rotonda na entrada á vila de Malpica.

Recreación da futura rotonda na entrada á vila de Malpica. / X. G.

A Xunta propón intervir na contorna dos puntos quilométricos 15+390-15+530, zona especialmente sensible ao ser unha intersección que dá acceso ao colexio público Milladoiro e ao centro cívico da localidade.

Na entrada ao núcleo de Malpica, a urbanización das marxes da AC-418 vaise densificando progresivamente, converxendo edificios de vivendas e equipamentos nunha recta de 200 metros de lonxitude, que ten unha forte pendente lonxitudinal descendente.

Excesos de velocidade

Os vehículos proceden dunha estrada con características interurbanas e existe un trazado recto nese treito, polo que se poden producir excesos de velocidade, a pesar de ser unha vía limitada a 50 km/h. Para resolver esta situación, o proxecto consistirá na reforma da intersección da rúa Ventorrillo coa rúa Canido e o acceso ao CEIP Milladoiro.

A glorieta disporá dunha circunferencia de raio de 14 metros no anel exterior da calzada e 8 metros de diámetro no anel interior, que será de formigón cunha pequena zona verde interior. Nos treitos de acceso e saída da glorieta da AC-418 prevese a realización de adaptacións pola súa implantación.

Beirarrúas

Na intervención tamén se reporán as beirarrúas cun ancho próximo aos 3 metros e pavimento de louseta, o que dará continuidade aos itinerarios peonís existentes. Tamén, froito das achegas presentadas ao proxecto inicial, engádese unha análise do cumprimento da normativa de accesibilidade, a reposición da paraxe de autobús existente, previa á entrada á glorieta, a inclusión do pavimento podotáctil nos pasos de peóns dimensionados no proxecto e complementarase a iluminación na contorna.

A pavimentación da calzada será en aglomerado en quente naquelas superficies que antes da obra non contaban con pavimento. Ademais, acondicionarase a drenaxe á nova configuración da glorieta e rematarase a obra con sinalización horizontal e vertical.

A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Executivo autonómico comporta tamén a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos dous predios necesarios para executar esta intervención.

TEMAS

Tracking Pixel Contents