Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Encontro creativo en Carballo entre ritmos de música galega tradicional e flamenco contemporáneo

Oito creadores e creadoras participan nunha residencia artística para repensar os seus proxectos e lanzalos de xeito profesional

Os creadores e creadoras da residencia Interritmos Raíces Vivas, durante unha das actividades.

Os creadores e creadoras da residencia Interritmos Raíces Vivas, durante unha das actividades. / Cedida

Carballo

O establecemento Espazo Nature de Razo (Carballo) acolle a residencia creativa Interritmos Raíces Vivas, promovida por dez Grupos de Desenvolvemento Rural e as fundacións Paideia e Paco de Lucía.

Trátase dun espazo de encontro, investigación e profesionalización para artistas emerxentes que dialogan entre a música tradicional galega e o flamenco contemporáneo. As creadoras e creadores comparten procesos, coñecemento e ferramentas para fortalecer a súa identidade artística, repensar o seu camiño creativo e proxectar o seu traballo de xeito profesional.

Os oito proxectos seleccionados son: Dentro (O Grove); Lula Mora (Cambados); Yas Deluaces (Mazaricos); Enrique Ramil (Ferrol); BELISH (Santiago); Lidia India (Ferrol); Meiga-i (Vigo); e Faíscas (Fornelos de Montes).

O luns traballaron na construción da súa identidade e da súa marca persoal, e o martes, coa actriz e docente Mariana Carballal, na identidade de marca aplicada ao ámbito artístico. Tamén participaron nun taller de estilo e imaxe impartido por Lara Caeiro, e nunha conversa ao redor da tradición, a vangarda e a identidade artística.

Este mércores, coa bailaora Mónika Bellido, explorarán o corpo, o xesto e a presenza escénica.

A residencia concluirá o xoves cunha sesión dedicada ás pautas para a construción do discurso de presentación dos artistas.

Tracking Pixel Contents