Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Laracha fará un estudo sobre o benestar emocional e a saúde mental na infancia e a adolescencia

O Concello fará enquisas nos colexios e no instituto coa implicación de varias entidades

Pola esquerda, María Ameijeiras, José Manuel López, Rocío López e Ana Aldao.

Pola esquerda, María Ameijeiras, José Manuel López, Rocío López e Ana Aldao. / Cedida

A Laracha

O alcalde da Laracha, José Manuel López; a edil de Servizos Sociais, Rocío López; a técnica de dito departamento, Mari Ameijeiras; e a directora do Centro de Información ás Mulleres, Ana Aldao, presentaron a iniciativa consistente nun estudo para analizar o benestar emocional e a saúde mental da infancia e da adolescencia do municipio.

Farase coa colaboración dos centros educativos (os tres CEIP e o IES) e de representantes dos sectores relacionados coa infancia e coa adolescencia, como asociacións deportivas e culturais.

No caso dos nenos e nenas, a recollida de información realizarase mediante enquisas en liña ou en formato físico, mentres que co resto dos sectores faranse entrevistas cos responsables das entidades participantes.

O cuestionario abordará cuestións sobre a satisfacción coa vida, as relacións familiares e sociais, a experiencia no ámbito educativo, os hábitos de lecer ou o uso das novas tecnoloxías.

Tracking Pixel Contents