ARTE
Casa das Peritas, de Fisterra, leva a Madrid obras de cinco artistas galegos
Será a única galería de Galicia na Hybrid Art Fair 2026

Obra 'Lampón', de María Magán. / Cedida
Casa das Peritas, de Mallas (Fisterra), será a única galería de arte galega na edición 2026 de Hybrid Art Fair, que terá lugar en Madrid do 5 ao 8 de marzo, coincidindo coa Semana das Artes.
A galería fisterrá participa coa proposta curatorial Xogo, un proxecto que reúne obra de María Magán, Vera Vizzi, Inés Silvalde, Óscar Aldonza Torres e Natasha Lelenco.

Serie URthe1 'The Two Ones', de Natasha Lelenco. / NatashaLelenco
Hybrid Art Fair é unha das feiras independentes máis dinámicas do panorama estatal, caracterizada polo seu formato en habitacións de hotel e por unha aposta decidida por proxectos comisariados e innovadores.

Serie 'Huele a quemado. Me compras...', de Inés Silvalde. / Cedida
O proxecto presentado por Casa das Peritas propón unha reflexión sobre o xogo como estrutura que organiza o sistema social contemporáneo.
A exposición aborda distintas dimensións do fenómeno: a construción modular e provisional (María Magán), a lóxica binaria e emocional do sistema (Vera Vizzi), a interiorización temperá do desexo (Inés Silvalde), a dimensión biolóxica e instintiva que precede á norma (Óscar Aldonza) e a identidade como acumulación e competencia na serie URthe1 de Natasha Lelenco.

'Smile machine', de Vera Vizzi. / Cedida
A participación na feira supón un novo paso na proxección da Casa das Peritas, unha galería independente impulsada por Tomás Lijó e Natasha Lelenco que desenvolve un programa expositivo centrado na organización eventual de accións artísticas na aldea de Mallas (Fisterra), na creación contemporánea e na construción de redes entre Galicia e o contexto internacional, no que opera de xeito permanente en plataformas do mercado da arte contemporánea.

'Extravagante', de Óscar Aldonza Torres. / Cedida
"A presenza en Hybrid Art Fair reforza a visibilidade da escena galega nun contexto profesional que reúne galerías, comisarios, coleccionistas e prensa especializada de ámbito nacional e internacional", afirman Lijó e Lelenco.
Exposición en Semana Santa
A Casa das Peritas está traballando ademais na próxima exposición, que abrirá as portas na vindeira Semana Santa, entre o sábado 28 de marzo e o domingo 5 de abril, e que intervirá o espazo e a aldea de Mallas co traballo de cerca dunha ducia de artistas.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre