ESPECIE INVASORA
Cen trampas e mil doses de atraínte para combater as velutinas en Cabana
O Concello replica a súa efectiva estratexia tras capturar 6.274 exemplares o pasado ano

Unha das trampas xeolocalizadas ubicada ao pé dunha igrexa en Cabana. / Cedida
O Concello de Cabana de Bergantiños pon en marcha, un ano máis, unha campaña para combater a expansión da avespa velutina. O goberno municipal pretende frear o avance dunha especie invasora altamente daniña para os ecosistemas e perigosa para os humanos.
A campaña estenderase durante 13 semanas, ata o 1 de xuño. Está prevista a entrega de 1.000 doses de atraínte entre os veciños de Cabana, que se poderán unir ao programa apuntándose nas oficinas xerais do Concello. Quen se adhira á campaña terá a obriga de informar cada 15 días da captura de raíñas recollidas.

Cartel promocional da campaña en Cabana. / Cedida
Ao mesmo tempo, a empresa Plaguiber colocará un cento de trampas en diversos lugares públicos do municipio, tales como colexios, xardíns, igrexas ou o paseo marítimo, entre outros. O pasado luns xa se colocaron 78, e estarán xeolocalizadas a través dunha aplicación móbil.
Coa nova edición, o Concello replica unha estratexia que xa demostrou a súa efectividade. O ano pasado capturáronse 6.274 avespas nos puntos públicos, o que permitiu mitigar o impacto da especie invasora.
Danos na apicultura
Cabe resaltar que a avespa velutina causa cuantiosos danos na apicultura e que o seu ataque supón un grave risco, especialmente para persoas alérxicas ou vulnerables.
En caso de atopar un niño de avespa velutina, a recomendación é afastarse del e dar aviso no teléfono 012.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre