Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CEE

Guadalupe Vázquez leva a Brens o debate da transfobia e a súa novela 'Eu, Monstro'

A escritora ceense presentará o libro o sábado, día 7, na axencia de lectura

Guadalupe Vázquez coa súa novela 'Eu, Monstro'

Guadalupe Vázquez coa súa novela 'Eu, Monstro' / Cedida

Cee

A escritora ceense Guadalupe Vázquez presenta o sábado, día 7 ás 17.30 horas, a súa primeira novela xuvenil Eu, Monstro, na axencia de lectura de Brens (Cee).

O acto, organizado pola Asociación Deportivo Cultural de Brens, servirá tamén para que autora e os asistentes falen da transfobia, o tema central da novela, "e, por suposto, de mulleres, sendo a véspera do 8M (Día da Muller)", afirma Guadalupe Vázquez.

Cartel promocional do encontro literario en Brens.

Cartel promocional do encontro literario en Brens. / Cedida

A través da referida novela, editada por Toxosoutos, a autora pretende non só amosar as dificultades e a inxustiza que sofren as persoas transxénero, senón tamén resaltar "a súa valentía e capacidade para atopar a felicidade e autenticidade nun mundo que ás veces parece empeñado en negar a identidade de cada un", subliña.

Eu, Monstro é ademais unha invitación a "celebrar a diversidade e construír pontes de amor pero, sobre todo, de respecto". 

Tracking Pixel Contents