Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DEMOGRAFÍA

A Laracha suma13 persoas centenarias: Carmen Suárez, de Caión, únese ao colectivo

O alcalde, José Manuel López, entregoulle unha placa conmemorativa

Carmen Suárez cos seus familiares e o alcalde da Laracha, á dereita.

Carmen Suárez cos seus familiares e o alcalde da Laracha, á dereita. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

O Concello da Laracha felicitou a Carmen Suárez Canedo, veciña de Xermaña (parroquia de Caión), que celebrou o seu 100 aniversario rodeada do cariño da súa familia na casa na que naceu o 28 de febreiro de 1925 e na que continúa residindo a día de hoxe.

O alcalde, José Manuel López Varela, sumouse a esta significativa data e trasladoulle persoalmente os parabéns acompañado polo concelleiro Alberto Blanco. En representación da Corporación municipal, fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa.

Agricultura e coidado do fogar

Carmen Suárez desenvolveu toda a súa vida en Caión, onde sempre residiu. Dedicouse á agricultura e ao coidado do fogar, atendendo ás súas dúas fillas, Herminia e María Fernanda —con esta última convive actualmente—, así como ao seu pai e a un dos seus irmáns.

É avoa de tres netos -Alejandro, Rebeca e Romina- e bisavoa de tres bisnetos -Gala, Manuel e Tomás-. Na actualidade goza de bo estado de saúde.

No concello da Laracha hai 13 persoas empadroadas con máis dun século de vida, das cales 10 son mulleres e 3 son varóns.

Tracking Pixel Contents