Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Máis de 16,6 millóns para ampliar o polígono da Laracha: Sestayo e López informan aos veciños

O Plan Estruturante de Ordenación de Solo atópase en fase de información pública

Xuntanza informativa na Laracha cos afectados pola ampliación do polígono.

Xuntanza informativa na Laracha cos afectados pola ampliación do polígono. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, mantiveron unha reunión cos propietarios das parcelas incluídas no ámbito da ampliación do polígono.

Actualmente está en fase de información pública o Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial, que define como se organizará o ámbito e que parcelas están incluídas, e que recolle unha estimación orientativa do custo da actuación e do valor do solo afectado.

Un millón de metros cadrados

A actuación suporá un investimento de 16,63 millóns de euros, e actuarase sobre unha superficie de 338.629 m2, o que permitirá que o polígono supere o millón de metros cadrados.

A ampliación construirase nunha única fase en terreos próximos ao actual parque, entre os lugares da Torre, Samiráns, O Campo da Porta e A Xesteira, e contará con novas infraestruturas e servizos.

Sestayo e López animaron os veciños a revisar a documentación e aproveitar o prazo de alegacións para plantexar cuestións relacionadas coa titularidade, a superficie e os accesos. Poden consultar o catastro e solicitar información á SEA chamando ao 981 575 469.

Tracking Pixel Contents