Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RECOÑECEMENTO

Malpica recibe unha distinción que recoñece as políticas municipais de igualdade

O alcalde, Eduardo Parga, destaca o "traballo constante na integración da perspectiva de xénero"

José Manuel Pérez, esquerda, Marisol Blanco e Eduardo Parga co distintivo recibido.

José Manuel Pérez, esquerda, Marisol Blanco e Eduardo Parga co distintivo recibido. / Cedida

Malpica

O Concello de Malpica vén de recibir o distintivo SG CITY 50-50, que recoñece o compromiso municipal coa igualdade de xénero e acredita o traballo desenvolvido desde o ámbito local para integrar a perspectiva de xénero nas políticas públicas e promover a igualdade entre mulleres e homes.

O distintivo foi entregado por José Manuel Pérez ao alcalde, Eduardo Parga, e á concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco.

Traballo constante

A edila sinalou que «é un orgullo contar cun distintivo coma este, xa que supón un recoñecemento ao traballo constante que se está a desenvolver no noso Concello en prol da igualdade real entre mulleres e homes e da integración da perspectiva de xénero en todas as políticas municipais».

Pola súa parte, o alcalde Eduardo Parga afirmou que este recoñecemento confirma que as políticas de igualdade impulsadas polo Concello están a recibir valoración positiva e subliñou que «anima a seguir traballando con maior compromiso e dedicación nesta liña».

O distintivo reforza a aposta municipal pola igualdade, a inclusión e a construción dunha sociedade máis xusta.

Tracking Pixel Contents