Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

Ponteceso: a Xunta investirá máis de 88.000 € na mellora do illamento da escola infantil

As obras complementarán as executadas no ano 2024

O xerente do Consorcio, esquerda, e o alcalde, á dereita, na escola de Ponteceso.

O xerente do Consorcio, esquerda, e o alcalde, á dereita, na escola de Ponteceso. / X. G.

Ponteceso

A Xunta investirá máis de 88.800 euros en obras de mellora na escola infantil pública de Ponteceso. O xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade, Perfecto Rodríguez, visitou o centro acompañado do alcalde, José Manuel Mato.

Perfecto Rodríguez, esquerda, e o alcalde, con escolares de Ponteceso.

Perfecto Rodríguez, esquerda, e o alcalde, con escolares de Ponteceso. / X. G.

As obras, que contratará o Concello e que se executarán no verán, centraranse nas fachadas do inmoble, e teñen como obxectivo mellorar as condicións térmicas e de illamento do mesmo. Ademais, instalarase un novo toldo exterior.

Rodríguez explicou que con esta actuación se complementan unhas melloras xa iniciadas no 2024 co recubrimento dunha das fachadas da escola, e nas que se investiron 21.000 euros. Enmarcou esta intervención «no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación».

Tracking Pixel Contents