Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Instituto do Milladoiro pasa á gran final amesá do Club de Debate que acollerá Bertamiráns

Tamén se clasificaron equipos de Rois, Santiago, Ferrol, Narón, Vilagarcía, Pontedeume e Santa Comba

O gañador elexirase o 25 de abril nunha proba que chegará ata o auditorio de Bertamiráns

Autoridades e docentes de Ames e Rois cos alumnos clasificados para a final do Club de debate

Autoridades e docentes de Ames e Rois cos alumnos clasificados para a final do Club de debate / Concello

Ames

O Campus Tecnolóxico Cortizo, no Concello de Padrón, acolleu a cuarta xornada de clasificación da fase de zona do Club de Debate Alingua 2026. En entre os sete equipos que concorrreron –dous do IES de Ames de Bertamiráns e un do IES do Milladoiro, máis tres do IES de Cacheiras e un do CPI dos Dices de Rois, tamén finalista–, o instituto da maior urbe maiá conseguiu clasificarse para a final, que terá lugar o 25 de abril no auditorio de Bertamiráns, en Ames.

No que atinxe aos outros seis nequipos que participarán na última proba para elexir aos mellores oradores, tamén estarán o Colexio La Salle (Santiago), Grupo Nós-CPR Santiago Apóstol (Narón), IES Canido 1 (Ferrol), Rompentes-IES de Breamo (Pontedeume), IES Terra de Xallas 2 (Santa Comba) e Filipenses (Vilagarcía).

Así, do 2 ao 6 de marzo un total de 37 equipos, formados por alumnado de educación Secundaria e Bacharelato e procedentes de centros educativos de 13 concellos, competiron por un lugar na gran final do Club de Debate Alingua. Trátase de alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos concellos participantes, que integra equipos formados por grupos dun máximo de 10 membros e que contan cun docente que se encarga de adestrar e asesorar.

Socialización e linguaxe

O Club de Debate Alingua fomenta a creación de espazos de socialización e convivencia para activar a lingua e promover o uso oral do galego coa Asociación de Entidades pola Lingua Galega (Alingua), e nesta edición está apoiado polos concellos de Ames, Arzúa, Betanzos, Carballo, Ferrol, Narón, Pontedeume, Pontevedra, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo e Vilagarcía de Arousa.

Tracking Pixel Contents