COMUNICACIÓNS
Laxe di "basta" ás constantes caídas da conexión de internet no concello
Levan 24 horas sen servizo, unha situación que se repite nos últimos meses

A falta de servizo impide o desenvolvemento do traballo municipal. / Cedida
O Concello de Laxe denuncia publicamente a grave situación provocada pola falta de servizo de internet nas dependencias municipais, que se prolonga desde onte ás 16.00 horas e que continúa afectando ao normal funcionamento da administración local.
Esta incidencia, provocada pola falta de conexión do servizo prestado por Movistar, "está a impedir o desenvolvemento habitual do traballo municipal, dificultando a tramitación administrativa, a atención á cidadanía e a xestión de múltiples servizos que dependen directamente da conexión á rede", afirman.
Desde o goberno local, que preside Francisco Charlín, quérese subliñar que "non se trata dun feito puntual, senón dunha situación que se vén repetindo en numerosas ocasións nos últimos meses, provocando importantes problemas de funcionamento no concello e xerando unha lóxica preocupación pola falta de solución definitiva".
Sen solucións
O Concello presentou xa varias reclamacións formais ante a compañía, solicitando unha solución estable que garanta a continuidade do servizo. Con todo, ata o momento estas reclamacións "non tiveron unha resposta efectiva nin unha solución real ao problema", subliñan.
Ante esta situación, o Concello de Laxe "esixe a Movistar unha solución inmediata e definitiva, xa que un servizo básico como é a conexión a internet resulta hoxe imprescindible para o funcionamento dunha administración pública e para garantir unha atención adecuada á veciñanza".
Outras medidas
Desde o goberno municipal advírtese que, de persistir esta situación, "valoraranse outras medidas para garantir un servizo estable e de calidade, acorde coas necesidades dunha administración moderna e coa responsabilidade de ofrecer unha atención eficaz á cidadanía".
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»