8M
Malpica recoñece o papel das mulleres que abriron camiño e das que continúan loitando por un futuro mellor
Veciñas, veciños e membros da Corporación concentráronse na Praza Villar Amigo

Concentración na Praza Villar Amigo de Malpica. / Cedida
Veciñas, veciños e membros da Corporación de Malpica concentráronse este domingo na Praza Villar Amigo para conmemorar o Día Internacional da Muller cun acto institucional.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín, deu lectura dun manifesto, co que recordou que o 8M "é un día para recordar que, a pesar dos avances acadados, aínda quedan retos importantes por superar".

A concelleira Marisol Blanco Gorín deu lectura ao manifesto. / Cedida
Un dos exemplos máis claros da desigualdade "segue a ser a brecha salarial, que fai que as mulleres continúen cobrando de media menos que os homes por traballos de igual categoría. A isto súmanse outras realidades como a maior carga nos coidados no entorno familiar, as dificultades para acceder a determinados postos de responsabilidade ou as violencias que moitas mulleres seguen sufrindo polo simple feito de selo".
A través do manifesto quixeron tamén "agradecer e recoñecer" o papel de todas as mulleres de Malpica, "ás que abriron o camiño antes ca nós, ás que continúan loitando hoxe e ás xeracións máis novas que seguirán avanzando cara un futuro mellor".
Representación teatral
Os actos continuarán o sábado 14 de marzo ás 20.00 horas no Centro Cívico, coa representación da obra Mulleres que viven soas, interpretada por Paula Carballeira, María da Pontraga e Vero Rilo, baixo a dirección de Nuria SanzChiqui Pereira.
A peza toma como referencia as tres bruxas de Macbeth para reflexionar sobre a mirada social cara ás mulleres e sobre como viven e se perciben dentro das súas propias casas.
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- El ascenso del Obradoiro a la Liga ACB inyectará más de tres millones de euros a la economía de Santiago
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- La Xunta destina tres millones al Bono Emancípate tras superar las 3.600 solicitudes
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- O traspaso dunha licenza concedida hai dúas décadas permitirá construír 41 vivendas nun esqueleto inacabado en Ames