Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PETICIÓN

O BNG de Cee urxe á Xunta que poña no mercado as vivendas procedentes do Sareb

O Concello ceense, con 30 solicitudes, é onde hai maior demanda

Dez das vivendas da Sareb están na Avenida Fernando Blanco.

Dez das vivendas da Sareb están na Avenida Fernando Blanco. / Google Maps

Cee

O BNG de Cee confirmou, por medio da información solicitada polo deputado Óscar Insua, que o Instituto Galego de Vivenda e Solo adquiriu trece vivendas procedentes da Sareb na capital ceense. Dez delas están na Avenida Fernando Blanco, dúas na Avenida de Fisterra e unha na rúa Estatuto de Autonomía de Galicia.

Por iso, os nacionalistas solicitarán ao propio IGVS, e mais ao Concello, para que intereceda diante del, «e poñan no mercado, no menor tempo posible, as citadas vivendas», afirma o voceiro local, Serxio Domínguez.

Asegura que Cee «é o municipio de Costa da Morte onde mais demanda hai de vivenda social segundo o rexistro da Xunta de Galicia, cun total de 30 solicitudes, aínda que consideramos que a demanda real é moito maior».

Tracking Pixel Contents