Avanzan os trámites na Estrada para a ampliación do polígono industrial de Toedo
O alcalde, Gonzalo Louzao, indicou que dende o Concello agardan que "en 2027 chegue a quenda da urbanización e a creación deses máis de 156.000 metros que se van destinar a novas empresas"

Imaxe de arquivo dunha das reunións celebradas entre representantes de Xunta, Concello e empresarios pola ampliación do polígono de Toedo. / Cedida
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, confirmou este martes a adxudicación da redacción do proxecto de expropiación para a ampliación pública do polígono industrial de Toedo, unha actuación que suporá poñer a disposición do tecido produtivo preto de 157.000 metros cadrados máis no principal parque empresarial do Concello da Estrada, cun investimento previsto superior aos 13 millóns de euros. Xestión do Solo de Galicia (Xestur) vén de asignarllo á empresa Calixto Escariz S.L.
“Primeiro será a redacción dese proxecto e despois continuarán os trámites de expropiación de cada un dos terreos desa superficie, que servirá case para duplicar a superficie actual”, apuntou o rexedor local. “Van avanzado os trámites, de xeito que este ano será o momento das expropiacións, agardando que en 2027 chegue a quenda da urbanización e a creación deses máis de 156.000 metros que se van destinar a novas empresas que traerán oportunidades laborais ao noso Concello”, engadiu.
De cara ao futuro, está previsto xa un novo e próximo encontro para que este interese se vaia concretando e oficializando. A data definirase nos vindeiros días.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025