Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Costa da Morte recibe 641.000 € de axudas do Fondo de Compensación

Dumbría mellorou a eficiencia enerxética da casa de cultura de Olveiroa e o local social de Bustelo

O alcalde, á dereita, coa delegada da Xunta e concelleiros en Olveiroa.

O alcalde, á dereita, coa delegada da Xunta e concelleiros en Olveiroa. / X. G.

Dumbría

A delegada da Xunta, Belén do Campo, supervisou en Dumbría as actuacións de mellora da eficiencia enerxética da casa de cultura de Olveiroa e do local social de Bustelo, grazas a unha achega autonómica de case 150.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo.

En Olveiroa, instaláronse novas cubertas planas transitables, facendo especial fincapé na corrección das pontes térmicas e nos encontros construtivos que estaban a provocar filtracións. Pola súa banda, en Bustelo dotaron o local dun sistema SATE para mellorar o illamento da edificación.

Belén do Campo co alcalde e concelleiros no local social de Bustelo.

Belén do Campo co alcalde e concelleiros no local social de Bustelo. / X. G.

Do Campo, que estivo acompañada do alcalde dumbriés, Raúl González, sinalou que na Costa da Morte a contía destas axudas do Fondo de Compensación Ambiental ascendeu a máis de 545.000 euros e beneficiaron aos concellos de Cabana, Camariñas, Cerceda, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Na liña competitiva foron beneficiarios catro concellos: Dumbría, cun proxecto conxunto con Vimianzo, Malpica de Bergantiños e Cee por un importe total de case 96.000 euros.

Máis de 2,2 millóns na provincia

Na provincia da Coruña distribuíronse máis de 2,2 M€ para 49 beneficiarios da liña non competitiva e case 700.000 euros para 26 beneficiarios da competitiva. En total, resultaron beneficiarios sesenta concellos e o Consorcio das Mariñas e a Mancomunidade de Concellos de Ferrol.

Tracking Pixel Contents